Neste hackathón aprenderedemos a deseñar as nosas PCB co software libre KiCad, partindo do esquema ao deseño do ciruito para compoñentes THD e SMD.
Unha vez que temos o PCB deseñado, veremos como xerar os ficheiros para crear as nosas placas, os ficheiros Gerbers para enviar a fabricar, ou SVG para fabricar en local cunha CNC.
Usando Gimp xeraremos os PNG necesarios para fresarlo na PCB, ou os negativos para facer a PCB con outros medios.
O exercicio que faremos é unha pequena PCB para aloxar un microcontrolador ATtiny412 que acenda e apague un LED.
Unha vez teñamos a PCB fresada, aprenderemos a soldar compoñentes SMD, usando nosas PCB e os compoñentes que serán proporcionados a cada participante do Hackathon.
Unha vez soldada a placa e revisada que este todo correctamente pasaremos a programar o microcontrolador mediante Arduino.
Ao final do día cada participante terá a habilidade de crear as súas propias PCB e programar as súas microcontroladores, un punto de partida para facer prototipos funcionais a baixo custo.
Cada alumno debe traer o seu computador PC/Mac/Linux co seguinte software instalado:
- KiCad 6.x https://www.kicad.org
- Gimp http://www.gimp.org.es/descargar-gimp.html
- GSender https://sienci.com/gsender/
- Arduino https://www.arduino.cc/en/software
Proporcionarase en caso de non telo instalado acceso a internet para descargalos e memoría USB´s co instalador do software.
Fab electronics component library for KiCad https://gitlab.fabcloud.org/pub/libraries/electronics/kicad
Mods Project http://modsproject.org
ATtiny library for Arduino IDE http://drazzy.com/package_drazzy.com_index.json
FTDI Drivers https://ftdichip.com/drivers/vcp-drivers/
- Placas de Circuito de PCB FR1 Amazon
- Fresa 0.4 End Mill -> 1/32 -> 0,4 MM -> TRACES Aliexpress
- Fresa 0.8 End Mill -> 1/64 -> 0,8 MM -> CUT Aliexpress
Compoñente | Unidades | Código | Tenda | Footprint |
---|---|---|---|---|
ATtiny412 | 1 | ATTINY412-SSF-ND | Digikey | SOIC-8_3.9x4.9mm_P1.27mm |
Cap 10 uF | 1 | GRT31CC8YA106ME01L | Digikey | C_1206 |
Res 499 Ohms | 1 | RC1206FR-07499RL | Digikey | R_1206 |
LED RED | 1 | 1516-1076-1-ND | Digikey | LED_1206 |
Connector 1x03_P2.54mm_Horizontal | 3 | S1143E-36-ND | Digikey | PinHeader_1x03_P2.54mm_Horizontal_SMD |